Curso de fin de semana no que nos achegaremos ao coñecemento e adestramento da voz, utilizando a respiración, a emisión da voz e a articulación da palabra.
A través da exploración da flexibilidade, expresión e capacidade de comunicación da nosa voz, procuraremos un óptimo rendemento da mesma, como instrumento, para, finalmente, aplicar a técnica vocal a un pequeno traballo práctico de cada participante ao curso.
Na primeira parte do curso, daremos prioridade ao estudio da respiración e dos seus apoios musculares e a emisión vocal, para un mellor coñecemento do alumnado da súa capacidade vocal.
Logo centrarémonos no son, na súa resonancia e articulación, facendo un traballo práctico e individual segundo as necesidades suxeridas durante a sesión.
Remataremos cunha práctica oral.
O curso vai destinado a: todo tipo de persoas que queiran coñecer e mellorar o uso da súa voz.
Obxectivos:
- Reforzar a identidade vocal
- Aumentar a dispoñibilidade física e vocal, ao fin de liberar e canalizar a voz e a creatividade da mesma
Contidos:
- A preparación física para a emisión da voz
- O acto da respiración. A súa exercitación.
- O adestramento vocal:
- A emisión.
- A dicción.
4. Traballo práctico exercitando a expresión oral.
A docente: Cristina Domínguez.
Datas e horarios:
Sábado 16 de marzo de 10 a 14h e de 16 a 20h e Domingo 17 de marzo de 10 a 14h
Comentarios recientes