FORMACIÓN ADULTOS
Ítaca é un espazo formativo adicado ás artes escénicas que centra a súa actividade na formación actoral e teatral tanto profesional como non profesional.
Entendemos o corpo como un instrumento expresivo e comunicativo a coidar, tanto no ámbito escénico como no cotiá. Entendemos que o texto ten que saír do corpo para despegarse do papel.
Por iso empregamos unha metodoloxía baseada no traballo corporal e no texto, para a formación de actores e actrices profesionais e amateurs e para os que, sen querer subir a un escenario, desexan adquirir seguridade ao falar en público, coidar o seu corpo ou atopar un lugar para relaxarse.
1. FORMACIÓN ACTORAL
Formamos actores e actrices versátiles capaces de atopar a súa propia expresión en calquera tipo de medio.
NIVEL 1: De outubro a xuño – 2 horas e media 1 día á semana
Un primeiro curso dirixido ás persoas que queren formarse actoralmente tanto con expectativas profesionais como amateur. Permite sentar as bases do traballo corporal, de interpretación e de voz e coñecer a metodoloxía teatral que aplicamos en Ítaca.
NIVEL 2: De outubro a xuño – 6 horas á semana en 2 días
Para as persoas que teñan cursado o primeiro ano e queiran formarse a nivel profesional. O plan de estudos comprende as materias troncais de adestramento físico do actor, voz e interpretación, ademais de cursos específicos que se irán propoñendo para ampliar a formación.
2. MOVEMENTO E EXPRESIÓN
para non actores
1 hora e cuarto á semana.
Se non tes nada que ver co teatro pero queres mimarte e coidarte ao tempo que adquires maior conciencia corporal e expresiva.
Sexa cal sexa a túa condición física e o teu interese por subir ou non a un escenario, o teu corpo acompáñate no teu día a día e é necesario sentirte ben nel. Nas clases de movemento e expresión empregamos técnicas do traballo corporal para adquirir maior conciencia e control postural, xogar coa expresividade propia, desbloquear articulacións, eliminar tensións, aprender a relaxarte, recuperar elasticidade ou ton muscular… Un obradoiro para adicar un ratiño á semana ao teu benestar físico.
3. PREPARACIÓN FÍSICA DO ACTOR
Para actores e actrices que queiran manter un estado físico óptimo de cara a subir a un escenario.
De outubro a xuño – 1 horas e media á semana
Traballamos a conciencia corporal, a presenza escénica, o movemento creativo, o ton muscular adecuado, a respiración, o ritmo, o impulso, a enerxía, a conciencia do espazo, o desbloqueo de tensións, … ferramentas para a posta a punto do instrumento básico do actor e actriz.
4. LABORATORIO HIPÓCRITA
Un laboratorio actoral e teatral no que aprender e formarse segundo as necesidades e intereses da compañía Hipócrita Teatro.
5. TEATRO AMATER
De outubro a xuño – 2 horas e media 1 día á semana
O xogo pre-dramático e o xogo teatral espertan as posibilidades creativas e interpretativas, favorecendo a desinhibición e a conciencia da corporalidade, elementos que permiten desenvolver a capacidade expresiva e comunicativa.
6. INTENSIVOS
- A arte da comunicación para docentes
- Recursos teatrais para monitores de tempo libre
- Iniciación ao Teatro: Este obradoiro de iniciación ao teatro serve como presentación do traballo que se desenvolverá ao longo do curso nas clases regulares de iniciación ao teatro e de movemento e expresión. Deste xeito os participantes poderán valorar se desexan incorporarse a una formación que teña continuidade durante o curso, na que terán a oportunidade de afondar no feito actoral e teatral. INFÓRMATE DAS DATAS!!!
FORMACIÓN ADULTOS
QUE É?
Ítaca é un espazo formativo adicado ás artes escénicas que centra a súa actividade na formación actoral e teatral tanto profesional como non profesional.
Entendemos o corpo como un instrumento expresivo e comunicativo a coidar, tanto no ámbito escénico como no cotiá. Entendemos que o texto ten que saír do corpo para despegarse do papel.
Por iso empregamos unha metodoloxía baseada no traballo corporal e no texto, para a formación de actores e actrices profesionais e amateurs e para os que, sen querer subir a un escenario, desexan adquirir seguridade ao falar en público, coidar o seu corpo ou atopar un lugar para relaxarse.
1. FORMACIÓN ACTORAL
Formamos actores e actrices versátiles capaces de atopar a súa propia expresión en calquera tipo de medio.
NIVEL 1: De outubro a xuño – 2 horas e media 1 día á semana
Un primeiro curso dirixido ás persoas que queren formarse actoralmente tanto con expectativas profesionais como amateur. Permite sentar as bases do traballo corporal, de interpretación e de voz e coñecer a metodoloxía teatral que aplicamos en Ítaca.
NIVEL 2: De outubro a xuño – 6 horas á semana en 2 días
Para as persoas que teñan cursado o primeiro ano e queiran formarse a nivel profesional. O plan de estudos comprende as materias troncais de adestramento físico do actor, voz e interpretación, ademais de cursos específicos que se irán propoñendo para ampliar a formación.
2. MOVEMENTO E EXPRESIÓN
para non actores
1 hora e cuarto á semana.
Se non tes nada que ver co teatro pero queres mimarte e coidarte ao tempo que adquires maior conciencia corporal e expresiva.
Sexa cal sexa a túa condición física e o teu interese por subir ou non a un escenario, o teu corpo acompáñate no teu día a día e é necesario sentirte ben nel. Nas clases de movemento e expresión empregamos técnicas do traballo corporal para adquirir maior conciencia e control postural, xogar coa expresividade propia, desbloquear articulacións, eliminar tensións, aprender a relaxarte, recuperar elasticidade ou ton muscular… Un obradoiro para adicar un ratiño á semana ao teu benestar físico.
3. PREPARACIÓN FÍSICA DO ACTOR
Para actores e actrices que queiran manter un estado físico óptimo de cara a subir a un escenario.
De outubro a xuño – 1 horas e media á semana
Traballamos a conciencia corporal, a presenza escénica, o movemento creativo, o ton muscular adecuado, a respiración, o ritmo, o impulso, a enerxía, a conciencia do espazo, o desbloqueo de tensión, … ferramentas para a posta a punto do instrumento básico do actor e actriz.