Continuamos o 23 e 24 de febreiro co curso de DRAMATURXIA impartido por Ernesto Is. Este premiado dramaturgo daranos as ferramentas precisas para escribir un bo guión teatral (palabra e acción).

Este obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro ––profesionais ou non–– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde un plantexamento eminentemente práctico, coñeceremos e traballaremos na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática.

A dramaturxia é a arte da reprodución e representación da acción en escena. A través do texto (palabras e movementos) deseñamos mundos e xeramos situacións coas diversas ferramentas da escrita dramática: personaxes, tempos e espazos, conflitos, estruturas, obxectivos…
O obxectivo principal deste curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándolles de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándolles –a través da realización de pequenos exercicios– na creación das súas propias escenas.

Contidos:
▪ Escribir teatro. A dramaturxia.
▪ A ferramentas do drama.
▪ A estrutura dramática: composición.
▪ Outras dramaturxias.

Obxectivos:
▪ DEFINIR e ACHEGAR(SE) á dramaturxia.
▪ COÑECER e APLICAR as ferramentas dramáticas básicas.
▪ EXPERIMENTAR coa escrita.
▪ ATOPAR e DEFINIR o que e o como das nosas historias.
▪ CREAR mundos de ficción e ESCRIBIR escenas breves.
▪ DESENVOLVER a creatividade e a expresividade das participantes.

A metodoloxía das aulas combinará breves explicacións teóricas e lectura e comprensión de textos con exercicios prácticos que permitan desenvolver a creatividade das participantes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies