Intensivo de Danza Contact

Con Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez fundadores da escola Can Cun Quinqué en Santiago de Compostela.

CONTIDOS:

Centrarémonos na interacción dun corpo con outro como punto de partida do movemento. A interferencia na acción do acompañante provoca unha nova acción conxunta, cambiando a calidade do movemento, a súa sensación, o seu sentido. Isto convida a abandonar os nosos patróns de creación, abrindo unha ventá a propostas xenuínas e inexploradas nos traballos individuais.

Empregaranse fundamentalmente técnicas de manipulación improvisada, así como pretextos para a acción en movementos dende a perspectiva do outro.

Estas son algunhas das claves da técnica de contacto improvisado na que se centrará o curso:

  • Importancia do peso e da masa no traballo do contacto
  • Estudo dos eixes imaxinarios internos e externos. Do lineal ao redondo
  • Control do centro para chegar ao espazo esférico
  • Traballo de manipulación e escoita da motricidade
  • Traballo dende as inercias propias dos corpos
  • Exploración na improvisación e o continuo comunicado a dar

Xenuidade do comportamento de corpos en conxunto

Sábado 25 de maio de 17 a 20h. e domingo 26 de maio de 11 a 14h. e de 17 a 20h

PREZO: 60€