Arrincamos en marzo con este novo proxecto con Rosa Acuña!!
Gardade nas axendas o primeiro sábado de cada mes para bailar da man desta profesional!
Dende a conciencia e a expresión corporal, empregarase o contacto e a improvisación como ferramentas: o contacto con nós mesmos, con outras persoas, co chan, co que nos rodea… A improvisación para dar liberdade ao movemento e a expresividade.
De 17 a 18:30h (Obradoiro) + de 18:30 a 19:30h (Jam)
Reserva xa o teu espazo. Clase e/ou Jam. Posibilidade de sábados soltos. Prazas reducidas.
Comentarios recientes