EN ABRIL, NOVO INTENSIVO EN ÍTACA!!!
12 horas para aproximarse á Maxia e ó Clown e aprender como fusionar estas dúas disciplinas.

DATAS e HORARIOS:
21 de abril: de 10 a 14 horas e de 15:30 a 19:30h
22 de abril: de 10 a 14h

Aproveitar a visión do clown para enriquecer o acto de maxia e facer un truco de maxia a partir da técnica do clown.
O clown entra ó escenario cun obxectivo e entretense no camiño.
A Maxia, como disparador de conflitos, abre un abanico inmenso de posibilidades. A técnica Clown para sorpender máis ao público e sumerxilo nunha atmósfera máis máxica!

Durante o curso:
– Primeira parte: TÉCNICAS E XOGOS DE MAXIA
– Segunda parte: ACHEGAMENTO AO CLOWN
– Terceira parte: MAXIA CLOWN

Adrián Conde estudiou música, teatro, circo, expresión corporal, malabares, clown, mimo e, por suposto, maxia.
A fusión de todas estas disciplinas, tradúcense en espectáculos de maxia orixinais e moi diferentes ao habitual. Nos seus números mestúrase a habilidade do prestidixitador coa mirada tenra do clown e os seus múltiples guiños de humor.
Os espectáculos de Adrián Conde deron a volta ao mundo para regar con sorrisos e diversión os xardíns de moitas prazas e cidades e algúns ilustres teatros.
Este Gran Mago recibiu numerosos premios internacionais: Premio Campeonato Latinoamericano FISM 2017; Premio en el Congreso Mágico Nacional 2016 Categoría Magia Cómica, Granada, España; “Master of magic” en el Campeonato del Mundo de Magia 2014, Italia; Mejor Espectáculo en el Festival Internacional de Clown en Gran Canarias; Premio en el Campeonato Mundia de Magia 2010 en Alemania.

PREZO:
100 EUROS para alumn@s de Ítaca e ata o 31 de marzo para público xeral
125 EUROS dende o 1 de abril

INSCRICIÓNS:
hola@itacaartesescenicas.es
635 852 267

Queres asistir?

13 + 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies