En marzo, tivemos a Yuko Kawamoto, coa colaboración de 3monos, impartindo este super obradoiro de Danza Butoh en Ítaca.
A Danza Butoh traballa cunha sensación profunda do corpo e a sensibilidade de atopar o “momento xusto”.
Hijikata, un dos fundadores do Butoh, perseguiu as sensacións físicas no seu traballo a través de diferentes métodos.
Este traballo non é fácil de entender coa palabra, vai máis aló da mesma. É fundamental o silencio e a escoita do corpo para achegarnos a esta linguaxe.
Yuko Kawamoto analiza o Butoh de Hijikata, por iso suxire un entrenamento que busque a conciancia do sentir físico. Un entrenamento para crear. Un corpo que se levante en crise.
Foi un luxo que este fose o primeiro intensivo impartido por un profe externo á escola. Moitísmas grazas a todas e todos os que o fixestes posible!
Yuko Kawamoto (Tokyo – Japòn)
Coreografa e Bailarina de Butoh
Estudou durante unha década con Yukio Waguri o Metodo Hijikata (fundador do Butoh, Tatsumi Hijikata).
Na súa búsqueda independente, logo de practicar o estilo Hijikata, explorou a creatividade no Butoh e propagouno polo mundo, onde actúa e imparte seminarios dende hai 20 anos.