A última semana de xuño e a primeira de xullo teremos este super campamento de artes escénicas en Ítaca!

En Contaxiarte, cada día mergullámonos nunha disciplina diferente: teatro de sombras, clown, monicreques, danza, teatro!

A partir do xogo exploramos diferentes códigos expresivos e comunicativos propios das artes escénicas e poñemos en xogo todas as capaciades (cognitivas, sensoriais, motoras, sociais…)

Contaxiarte integra creatividade, divertimento e aprendizaxe incitando procesos que combinan elementos como o movemento, o xesto, a palabra ou a luz.

Agardámosvos!

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Idades:

Dos 5 aos 12 anos

Cando?

Semana 1: do 25 ao 29 de xuño

Semana 2: do 2 ao 6 de xullo

De 10 a 14 horas (Posibilidade de servizo madrugadores)

Posibilidade de matrícula por semanas ou días soltos.

Máis info e inscricións:

hola@itacaartesescenicas.com

635 852 267

Queres inscribirte?

11 + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies