MEDRANDO CO XOGO DRAMÁTICO. Dos 3 aos 4 anos
Coa expresividade e creatividade dos xogos pre-dramáticos, da fantasía que nos proporcionan os contos, do ritmo que nos facilitan as cancións infantís e do sorprendente e festivo da vida cotiá facilitamos a observación e coñecemento do corpo, dos outros e do entorno, potenciando as capacidades motrices, lingüísticas, emocionais e sociais dos máis cativos.
TEATRO E MOVEMENTO EXPRESIVO. Dos 5 aos 12 anos (en grupos por idade)
A través da expresión corporal e do xogo dramático, o neno ou nena adquire ferramentas que lle permiten crear realidades sen precisar de xoguetes-obxecto, toma conciencia expresiva do seu propio corpo, proba novas formas de comunicación, traballa a empatía respectando ós outros… e aprende a crear personaxes e historias, achegándose, en definitiva, ao mundo do teatro.
INTERPRETACIÓN E DRAMATIZACIÓN Dos 13 aos 16 anos
Un obradoiro dirixido a mozas e mozos que sintan curiosidade por coñecer as ferramentas necesarias para subir a un escenario ou poñerse diante dunha cámara. Traballamos a expresividade do corpo e da voz, a creatividade, o sentido do ridículo, a comunicación e o espazo e tempo dramáticos, a construción de personaxes, escenas e ambientes, así como outras técnicas da arte dramática e interpretativa
Info e inscricións en
Doutor Gasalla 18
hola@itacaartesescenicas.com
635 852 267
Comentarios recientes