FORMACIÓN PROFESIONAL para tod@s @s que queirades adicarvos a este apaixonante mundo!
Traballaremos o corpo como ferramenta básica do actor e actriz e adentrarémonos no mundo da interpretación dende a liberdade expresiva en diferentes códigos teatrais.
TEATRO AMATER
Para todas aquelas persoas que sintan curiosidade polo mundo do teatro e queiran achegarse a el dun xeito lúdico, mellorar e desenvolver as súas capacidades de expresión e comunicación e liberar a súa imaxinación.
PREPARACIÓN FÍSICA DO ACTOR/ACTRIZ
Se es actor ou actriz e queres manter un estado físico óptimo de cara a subir a un escenario. Entendemos que o actor ou actriz debe entrenar o seu corpo e conciencia corporal como ferramenta básica para gañar presenza escénica, mellorar a capacidade expresiva, a conciencia do movemento, do espazo, da respiración, a enerxía, o ritmo…
MOVEMENTO E EXPRESIÓN para non actores
Se queres mimarte e coidarte ao tempo que adquires maior conciencia corporal e expresiva, eliminando tensións, recuperando elasticidade e tono muscular, xogando coa expresividade propia…
INFO E INSCRICIÓNS hola@itacaartesescenicas.com R/ Doutor Gasalla 18 635 852 267
Comentarios recientes